ILUSTRACIÓN ORIGINAL PARA LA PORTADA E INTERIOR DEL POEMARIO ´A BALADA DO EXILIO’, DE XULIO CID NEIRA. Ed. SAUROBOOKS, 2024
LIBRO CON PROPÓSITO SOLIDARIO, LOS BENEFICIOS DE SU VENTA SERÁN ENVIADOS DIRECTAMENTE A FAMILIAS PALESTINAS AFECTADAS.
A balada do exilio narra a desposesión e o borrado do pobo palestino, dunha cultura e da súa historia. Conta tamén o sufrimento e o trauma das persoas que se ven privadas da posibilidade de retornar ao seu lugar de orixe.
Xulio Cid Neira poetiza esta fuxida de grande maneira. Hai que ter en conta o dificultoso que é facer este exercicio desde aquí, en Occidente, e desde o ámbito poético e ao mesmo tempo resultar rigoroso e nada impostado cun tema tan delicado como este. Sae máis que airoso e imprime coa súa voz razóns coma puños de grandes para denunciar toda a inxustiza que leva pasado este pobo ao longo das décadas.
Dar as gracias a todas e todos as e os participantes que ilustrastes este artefacto (por orde de aparición): José Lameiras, Paula Pereira Carreiro, Helena Quintela, Marita Carmona, Corporación Semiótica Galega, Xavier Carvajal, Eva Fernández Canalejo, Augusto Metztli, Tareixa Taboada, Alba Fernández, David Castro, Óscar Sánchez Suárez, Alan Balzac, Velpister, Xosé Vilamoure, Xosé Luís de Dios, Simona Gaila, Xosé Poldras, Adriana Pérez, Saxo, Theresa P. Lousame, Idoia de Luxán, Sara Carrasco González, Xosé Aciñeiras, Mickey Abuín Vázquez, Baldomero Moreiras, Alba Vázquez Carpentier e Sapoconcho. Un traballo colaborativo e de grande calidade que oxalá sirva para aportar o noso gran de area solidario para algo tan necesario.
Este libro foi impreso en agosto de 2024, 10 meses despois do comezo do actual xenocidio sobre o pobo palestino, un capítulo máis dun conflito que dura xa desde 1948, e que foi motivación para a creación deste artefacto co propósito solidario de colaborar economicamente con familias palestinas afectadas.
O fin das nosas vidas comeza o día en que
calamos sobre as cousas que importan.
Martin Luther King
Técnica de la ilustración original: Collage de tejido y papel, hilo bordado, tinta china aplicada con pincel y ceras acuarelables sobre soporte de tela y papel artesano libre de ácido 320g | 100% algodón 29,7 x 21 cm





