A web de Alba

Estudios Abertos

[flexy_breadcrumb]
[xyz-ips snippet="imagenes-portfolios"]

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estudios Abertos

[2025]

Lugar: Laboratorio de arte y edición FRENÉTICA LAB. Ourense.

 

Exposición de obra y procesos artísticos junto a la exposición de la artista Mayte Diz Neira en la edición 2025 de ESTUDIOS ABERTOS de Ourense.

 

«A creación artística, malia as forzas que a queren marxinal, está sempre presente. En contextos periféricos e precarios como o de Ourense, abrir as portas da arte convértese nun xesto político: unha aposta polo valor do que vai máis alá do monetario pero que sostén a nosa vida colectiva. Vivir da arte é case sempre un milagre e, as máis das veces, unha quimera. Con todo, xeración tras xeración, a pulsión creativa renace. A arte e as artistas son hoxe máis necesarias ca nunca.

A edición 2025 de Estudios Abertos Ourense testemuña esa resistencia: 19 espazos e máis de 30 artistas na cidade e en concellos da provincia (Bande, Xunqueira de Espadanedo, Taboadela, Allariz) configuran un mosaico de prácticas que van do amateurismo ao profesional, de artistas referenciais da arte galega a creadoras emerxentes con proxección internacional, de obradoiros comunitarios a espazos íntimos de creación.

Na vocación deste evento está tender fíos, abrir portas e convidar a atravesalas: para abrirmonos ao inesperado e para que, a través delas, circule aire novo que inunde a cidade e a provincia».

 

 

 

[xyz-ips snippet="enlace-portfolios"]
Ir al contenido