Ao sitio web de Alba

A balada do exilio

[flexy_breadcrumb]
[xyz-ips snippet="imagenes-portfolios"]

A balada do exilio

ILUSTRACIÓN ORIXINAL PARA A PORTA E INTERIOR DO POEMA ´A BALAD DO EXILIO’, DE XULIO CID NEIRA. Ed. SAUROBOOKS, 2024
LIBRO CON FINS SOLIDARIOS, OS BENEFICIOS DA SÚA VENDA REMITIRÁNSE DIRECTAMENTE ÁS FAMILIAS PALESTINAS AFECTADAS.

A balada do exilio narra a desposesión e o borrado do pobo palestino, dunha cultura e da súa historia. Conta tamén o sufrimento e o trauma das persoas que se ven privadas da posibilidade de retornar ao seu lugar de orixe.
Xulio Cid Neira poetiza esta fuxida de grande maneira. Hai que ter en conta o dificultoso que é facer este exercicio desde aquí, en Occidente, e desde o ámbito poético e ao mesmo tempo resultar rigoroso e nada impostado cun tema tan delicado como este. Sae máis que airoso e imprime coa súa voz razóns coma puños de grandes para denunciar toda a inxustiza que leva pasado este pobo ao longo das décadas.
Dar as gracias a todas e todos as e os participantes que ilustrastes este artefacto (por orde de aparición): José Lameiras, Paula Pereira Carreiro, Helena Quintela, Marita Carmona, Corporación Semiótica Galega, Xavier Carvajal, Eva Fernández Canalejo, Augusto Metztli, Tareixa Taboada, Alba Fernández, David Castro, Óscar Sánchez Suárez, Alan Balzac, Velpister, Xosé Vilamoure, Xosé Luís de Dios, Simona Gaila, Xosé Poldras, Adriana Pérez, Saxo, Theresa P. Lousame, Idoia de Luxán, Sara Carrasco González, Xosé Aciñeiras, Mickey Abuín Vázquez, Baldomero Moreiras, Alba Vázquez Carpentier e Sapoconcho. Un traballo colaborativo e de grande calidade que oxalá sirva para aportar o noso gran de area solidario para algo tan necesario.

Este libro foi impreso en agosto de 2024, 10 meses despois do comezo do actual xenocidio sobre o pobo palestino, un capítulo máis dun conflito que dura xa desde 1948, e que foi motivación para a creación deste artefacto co propósito solidario de colaborar economicamente con familias palestinas afectadas.

O fin das nosas vidas comeza o día en que
calamos sobre as cousas que importan.
Martin Luther King

Técnica de ilustración orixinal: Collage de tea e papel, fío de bordar, tinta chinesa aplicada con pincel e ceras de acuarela sobre soporte de tea e papel artesán sen ácido 320g | 100% algodón 29,7 x 21 cm

[xyz-ips snippet="enlace-portfolios"]
Dispoñible en SAUROBUKS (Libro)
Ir o contido