Ao sitio web de Alba

Estudos Abertos _ 2025

[flexy_breadcrumb]
[xyz-ips snippet="imagenes-portfolios"]

Estudos Abertos _ 2025

[2025]

Lugar: Laboratorio de Arte e Edición FRENÉTICA LAB. Ourense.

Exposición de traballos e procesos artísticos xunto coa exposición da artista Mayte Diz Neira na edición 2025 de ESTUDIOS ABERTOS de Ourense.

“A creación artística, malia as forzas que a queren marxinal, está sempre presente. En contextos periféricos e precarios como o de Ourense, abrir as portas da arte convértese nun xesto político: unha aposta polo valor do que vai máis alá do monetario pero que sostén a nosa vida colectiva. Vivir da arte é case sempre un milagre e, as máis das veces, unha quimera. Con todo, xeración tras xeración, a pulsión creativa renace. A arte e as artistas son hoxe máis necesarias ca nunca.

Edición 2025 de Open Studios Ourense testemuña esa resistencia: 19 espazos e máis de 30 artistas na cidade e en concellos da provincia (Bande, Xunqueira de Espadanedo, Taboadela, Allariz) configuran un mosaico de prácticas que van do amateurismo ao profesional, de artistas referenciais da arte galega a creadoras emerxentes con proxección internacional, de obradoiros comunitarios a espazos íntimos de creación.

Na vocación deste evento está tender fíos, abrir portas e convidar a atravesalas: para abrirmonos ao inesperado e para que, a través delas, circule aire novo que inunde a cidade e a provincia”.

[xyz-ips snippet="enlace-portfolios"]
Ir o contido