Sobre min

Alba Fernández

Alba Fernández, arquitecta polas universidades da Coruña e Normandía, dedícase na actualidade á ilustración, deseño e procesos de creación artística.

Desde 2007 traballa para diferentes estudos de arquitectura. Entre 2011 e 2017 deseñou para marcas como 'Bimba y Lola', 'Purificación García' ou 'CH Carolina Herrera', realizando proxectos de interiorismo para tendas e showrooms en todo o territorio nacional e internacional.

A súa traxectoria profesional no ámbito da arquitectura e o deseño de interiores deriva nos últimos anos cara a disciplinas artísticas, ás que aborda desde unha inquietude e impulso vital.

Na ilustración de temática libre atopa a súa canle de expresión máis íntima. Aborda as súas creacións desde un lugar sensible onde as emocións toman forma e tecen un fío entre o mundo e o seu interior. Desde xaneiro de 2018 ilustra os artigos literarios do escritor Jaime Noguerol para a sección dominical “El ángulo inverso” do xornal La Región.

Tamén desenvolve traballos corporativos, imaxe discográfica, eventos culturais e outros proxectos, sempre moi persoais, arredor da ilustración e o deseño.